Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAO Vicedo

O II Trail do Caolín ao Fuciño do Porco xa ten abertas as inscricións

Por 27 Marzo, 2022Xuño 9th, 2022Sin comentarios

A organización do segundo Trail do Caolín ao Fuciño do Porco, que será o 22 de maio do 2022, xa informou das novidades, o percorrido e todo o regulamento.

O percorrido da proba, estará próximo aos mil metros de desnivel e partiu do porto do Vicedo para seguir polo Caolín cara ao monte en dirección a San Román, chegar ao Fuciño do Porco e volver pola costa ata o porto.

As inscricións, que xa están abertas, poden facerse no seguinte enlace, e o trail contará con trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría, para os máis veteranos e o máis novo.

A recollida de dorsais poderá facerse o sábado 21 de maio desde as 18.00 horas ata as 20.00 horas na casa de cultura do Vicedo e o domingo 22 de maio desde as 8.00 horas na zona de meta, que este ano estará situada na rúa do Porto, próxima ao porto do Vicedo.A carreira contará con dúas distancias para trail e unha única distancia para a andaina, así, o trail curto e a andaina serán de 15 quilómetros e o trail longo de 27.

Os horarios de saída serán ás 9.00 o trail longo, seguido ás 9.30 horas da andaina e ás 10.00 o trail curto. Para o trail curto e andaina poñerase autobuses para achegar aos participantes á zona de saída 1 hora antes das saídas.

A saída de autobuses desde a explanada do porto do Vicedo para a andaina é ás 08.45 horas, e para o trail curto será ás 9.30 horas tamén dende a explanada.