Skip to main content
Viveiro

O BNG de Viveiro di que os veciños da Misericordia seguen sen servizos básicos tras 20 anos

Por 16 Marzo, 2022Sin comentarios

O BNG vén de facer público que os veciños da rúa Misecordia levan 20 anos cun único acceso ás súas casas, sendo este sen saída e estreito, non tendo o ancho suficiente de dous vehículos o que provoca que de atoparse, un deles ten que ir marcha atráis.

“Despréndese desta característica que un vehículo como o de bombeiros ou unha ambulacia, non pode acceder a este burgo de casas polo que en situación de emerxencia non sería posible acceder a esta zona co conseguinte perigo para a veciñanza. Tampouco pode acceder o camión do lixo, polo que se recolle a man nunha furgoneta por parte dos operarios e son os veciños quenes limpan os colectores, a pesar de pagar impostos coma os demais”, din os nacionalistas viveirenses.

Existe alternativa a esta situación abrindo un novo acceso dende Cantarrá, a través da zona verde detras do edificio onde se ubica a copistería EME, que posibilitaría o acceso de vehículos de emerxencias e servizos básicos proporcionando ao acceso actual unha saída.

“Dado que a paciencia ten un límite, rogamos que se axilicen os trámites que o Goberno municipal debe levar adiante para dar unha solución digna ás xustas reivindicacións da veciñanza da rúa do Misericordia”, engadiron.