Skip to main content
Viveiro

Os veciños de Viveiro volcáronse solidariamente co pobo Ucraíno

Por 17 Marzo, 2022Sin comentarios

Os veciños de Viveiro volcáronse solidariamente co pobo Ucraíno doando unha gran cantidade de material. Todo o material doado foi trasladado ao antigo centro comarcal, onde as concelleiras de Benestar Social, de Turismo e Comercio, Marisol Rey, e de Cultura e Muller, Lara Fernández Fernández-Noriega, así como persoal municipal e varios voluntarios comezaron a preparar os paquetes para o seu envío.

“Viveiro é un pobo acolledor e solidario, os nosos veciños así o demostran cando xurde calquera oportunidade, polo que quero darlle as grazas”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.

Baixo a coordinación da concelleira de Benestar Social, Victoria Baamonde, o Concello de Viveiro habilitou tres puntos de recollida, na Casa do Forno en Celeiro, no Centro Social de Covas e no Centro de Servizos Sociais, onde ao longo da pasada semana se entregaron gran cantidade de mantas e roupa de abrigo, produtos para bebés e produtos de hixiene.

Estes traballos, que consisten en desenvolver o material doado, clasificalo, empaquetalo e rotular as caixas, prolongaranse ata o venres, día 18 de marzo. Por parte do Concello de Viveiro agradécese a colaboración de todas aquelas persoas que poidan axudar nestas tarefas, que se están levando a cabo no antigo centro comarcal, de 10.00 a 13.00 horas e de 17.00 a 19.00 horas.

A alcaldesa de Viveiro e o 1º tenente de alcalde, Jesús Fernández, tamén acudiron a estas instalacións municipais, onde se garda todo o material recollido, para amosar o súa gratitude polas doazóns realizadas e polo traballo do voluntariado que se encarga da súa preparación.

Unha vez que todo estea empaquetado e rotulado, o Concello de Viveiro enviará un camión co material a un dos puntos de recollida habilitados ao efecto pola asociación AGA-Ucraína.