Skip to main content
Viveiro

O Concello de Viveiro esixirá un seguro para a saca de madeira

Por 17 Marzo, 2022Sin comentarios

O Concello de Viveiro aprobou no Pleno celebrado onte a Ordenanza reguladora do uso común especial dos viais municipais para a saca de madeira coa abstención do BNG e o voto negativo do PP e Por Viveiro.

O concello considera prioritario o sector forestal para a economía local e quere impulsar a súa actividade. O obxectivo da nova norma é regular a saca de madeira e compatibilizala coa correcta conservación dos viais e camiños públicos nun concello como Viveiro, con paraxes naturais, montaña e diferentes rutas de sendeirismo.

Así, no texto da ordenanza requírense 300.000 euros como mínimo en concepto de seguro en caso de sinistro, ademais os maderistas deberanse inscribir no rexistro municipal para poder controlar o desenvolvemento das actividades. Por outra banda, se a empresa carecera de seguro pediráselle unha garantía para a reparación dos danos que poida ocasionar cunha fianza en metálico ou aval bancario de 2 euros por tonelada de madeira a extraes, de 2 euros por cada metro lineal de vía con pavimento de terra ou zahorra, e 4 euros por metro lineal en vías pavimentadas con asfalto, aglomerado ou formigón.

Tamén será necesario informar ao Concello cunha solicitude previa para as actividades extractivas de madeira como de biomasa e cunha antelación de 15 días. Esta ordenanza contempla sacións de ata 600 euros por infraccións leves, 1.500 por graves e ata 3.000 euros por moi graves.

Esta ordenanza entrará en vigor cando transcorra o prazo de 15 días hábiles tras a súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

A finalidade desta ordenanza é polo tanto poder regular o uso común especial dos viais municipais para este fin, compatibilizando a actividade forestal coa conservacións dos viais de titularidade municipal e establecendo o procedemento a seguir para tramitar e obter as autorizacións necesarias para a realización desta actividade no termo municipal de Viveiro.