Skip to main content
Axenda Caducada

A salcedana Noa Moreira presentará e firmará o seu poemario no Ateneo Casino de Monforte

Por 1 Marzo, 2022Marzo 4th, 2022Sin comentarios

A pasada feira do libro de Monforte de Lemos foi cancelada por mor da pandemia polo que, na actualidade, coa volta ás actividades o Ateneo Casino de Monforte acollerá á poeta salcedana Noa Moreira.

A cita terá lugar o próximo venres 4 de Marzo a partir das 20.00 horas onde a autora presentará e firmará o seu poemario “Meteoro Imantado” de Noa Moreira editado por Editora Urutau. A entrada é libre aínda que é preciso reservar praza a través do número 648 435 033.

Está previsto tamén facer tamén un recital dalgúns dos seus poemas cos asistentes que se animen a participar. Poderanse mercar exemplares do libro na propia presentación.

Noa Moreira naceu en Salcedo, A Pobra do Brollón, no ano 1985 e este é o seu primeiro poemario.

Olga Novo na reseña do libro di “Eu entro neste libro de Noa Moreira coma quen atravesa un cuarto propio, íntimo, un faiado que se abre por vez primeira, ateigado de soños delicadísimos, a piques de se esfarelar ao contacto do ar. Unha inmensa delicadeza que agocha unha forza cósmica, e unha forza cósmica que agocha unha inmensa fraxilidade. Perfecto espello da natureza humana, com plexa, poliédrica, sutil e bárbara a un tempo. Eu entro neste libro coma quen vai bicar un furacán e sabe que o corazón non sairá indemne, porque sempre a poesía, cando é verdadeira, transfórmanos ao seu paso”.