Skip to main content
Axenda Caducada

Mondoñedo quence motores para a Concentración Mototurística N-634

Por 7 Marzo, 2022Marzo 20th, 2022Sin comentarios

O Concello de Mondoñedo acollerá unha nova edición da Concentración Mototurística N-634 Cidade de Mondoñedo os días 19 e 20 de marzo, e que nesta ocasión chega á XXXI edición.

O período de preinscrición xa está pechado con 200 participantes malia poderanse facer inscricións o mesmo 19 de marzo a partir das 12.00 horas. Cada unha delas inclúe un imán moteiro de recordo, un pin feito polos artesáns dos Muíños, unha camiseta, trípticos de Mondoñedo, un pincho de benvida de empanada de Mondoñedo, unha caña, a cea, queimada, o desayuno do domingo, pincho de media mañá, xantar do domingo e a zona de acampada no pavillón.

A concentración iniciarase o día 19 e os participantes poderán desfrutar desde as 16.00 horas dun toro mecánico, dun salón de tatuaxes, animación, música a cargo de DJ Zalo pola tarde e xogos.

E xa ás 20.00 horas será o desfile polas rúas da vila seguido da cea na Finca San Antonio e do comezo da festas con música e verbena a cargo de Grupo 2.Com e da orquestra Principal e unha queimada.

O día 20, despois de almorzar unha magdalena do Rey das Tartas e un café, os participantes desfrutarán dunha ruta turística pola Mariña, que rematará cun comida no pavillón para despedir a todos.