Skip to main content
Axenda Caducada

Os escolares da Abadín asisten a unha representación teatral sobre a igualdade

Por 3 Marzo, 2022Marzo 4th, 2022Sin comentarios

Abadín acollerá mañá, 4 de marzo, un contacontos moi especial a cargo de Mediavándalos, unha actuación dirixida por Xurxo Barcala con Miguel Guido e Beatriz Bravo.

Co título A Cabaleira, esta actividade está enmarcada e cofinanciada polo Pacto de Estado contra a violencia de xénero, dirixida ao alumnado do CEIP Aquilino Iglesia Alvariño.

A representación terá lugar no salon de actos municipal entre as 11.00 e as 12.30 horas.

Este espectáculo de contacontos procura promover a igualdade de xénero cun conto sobre o que é desigual baseado na historia real.