Skip to main content
Axenda Caducada

Outeiro de Rei acolle o martes a presentación dun vídeo no Día da Muller

Por 5 Marzo, 2022Marzo 8th, 2022Sin comentarios

Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, o Concello de Outeiro de Rei presenta este martes na Casa da Cultura de Outeiro de Rei ás 17:00 h o vídeo 8 M- 8 Mulleres. Concello de Outeiro de Rei

Con este vídeo preténdese dar visibilidade ao  traballo das mulleres dándolles un merecido recoñecemento, conscientes de que o acadado é moi importante pero que aínda queda un camiño por recorrer na procura da igualdade real e de oportunidades para todas elas.

O acto estará presidido polo alcalde, José Pardo Lombao, e a concelleira de Servizos Sociais, Mª José Martínez Vigo e contará coa presenza das protagonistas e de Irene Vila Modia, da empresa Bulebule, realizadora deste traballo.

O Concello de Outeiro de Rei anima a todas as persoas que o desexen a asistir a esta presentación e á posterior charla-coloquio.