Skip to main content
Axenda Caducada

O Concello de Trabada organiza un encontro En feminino polo 8M

Por 4 Marzo, 2022Marzo 8th, 2022Sin comentarios

O próximo martes, 8 de marzo, o Concello de Trabada organiza o Encontro En feminino, unha charla-coloquio de mulleres. Contarán coa participación de Verónica Ramallal Trevín, fundadora de Pekecha e referente feminino na comarca da Mariña.

Ramallal é unha muller única, fiel á súa esencia e cunha personalidade arrolladora que foi capaz de facer realidade o seu soño. Formadora en programas de emprendemento, marca persoal, experta en comunicación audiovisual, compartirá como foi a súa traxectoria como muller emprendedora.

É polo que queren que lles acompañe neste día para compartir vivencias e poñer de manifesto a importancia das mulleres no rural e do seu traballo, non sempre recoñecido.