Skip to main content
Axenda Caducada

Organizan en Pol un curso de fotografía

Por 8 Marzo, 2022Marzo 12th, 2022Sin comentarios

A Casa Chaín de Cirio, no Concello de Pol, acolle este sábado, 12 de marzo, un curso de fotografía dirixido a aprender técnicas de toma de imaxes na natureza para saber captar a paisaxe, utilizando a composición, a luz, o enfoque e os filtros.

A sesión terá lugar de 10.00 a 14.00 horas e a formación estará ao cargo da fotógrafa Bego Pérez. As prazas para esta sesión son limitadas e necesitan inscrición previa no teléfono 655 359 305 e no correo info@casachain.es.