Skip to main content
Axenda Caducada

Becerreá acollerá unha subasta de novillas o 19 de marzo

Por 7 Marzo, 2022Marzo 19th, 2022Sin comentarios

A Asociación de Criadores de Raza Rubia Gallega (Acruga) celebrará o vindeiro sábado 19de marzo, a poxa de novillas de raza rubia galega do centro de recría da Granxa Gayoso Castro en Becerreá.

Acruga presentará á poxa novillas, os interesados contarán cunhas axudas á compra de 200 euros por animal, aportadas por Caixa Rural. A retirada de tarxetas poderase facer desde as 11.00 horas no campo da feira.

Os exemplares que irán á subasta son parte do rabaño de elite que existe na granxa Gayoso Castro, nun centro de recría, que funciona grazas á estreita colaboración de Acruga coa Deputación de Lugo, dende a sinatura dun convenio no ano 2007, co obxectivo común de recuperar e mellorar a xenética e facilitar a promoción e a expansión da raza, cubrindo a demanda de gandeiros de rubia e tamén a de novos criadores que apostan pola súa incorporación a esta raza.

Para os gandeiros supón unha vantaxe adquirir exemplares nesta poxaxa que as novillas que se presentan xa están seleccionadas a través dun proceso xenético, é dicir que proceden de reproductores con bos índices xenéticos. Ademais, estes exemplares pasaron satisfactoriamente un proceso morfolóxico e unha terceira selección baseada no aspecto sanitario.

Dende a organización esperan unha boa participación de gandeiros, non só de Lugo senón do resto de Galicia, e incluso doutras comunidades autónomas. Ademais, polas boas cualidades das reses agardan unhas boas cotizacións.

O proceso para formar este rabaño de elite comeza cando os gandeiros ofertan as súas novillas con oito ou nove meses. A continuación, son revisadas polo persoal técnico de Acruga e tras pasar unha severa selección xenealóxica, morfolóxica e sanitaria, son adquiridas pola asociación. Posteriormente son trasladadas ao centro de recría, onde son mantidas e cuidadas.

Á idade de 15 ou 18 meses son inseminadas e en canto se lles confirma a xestación xa están dispoñibles para a venda, ben directamente a gandeiros interesados ou ben por medio de subastas, como a que se celebrará o sábado 19 en Becerreá.