Skip to main content
Axenda Caducada

Os Xoves na Biblio das Pontes volven mañá con contacontos

Por 9 Marzo, 2022Marzo 10th, 2022Sin comentarios

A Biblioteca das Pontes continuará mañá, 10 de marzo, coa súa programación dedicada aos máis pequenos dentro do programa Xoves na Biblio.

Así, está previsto un espectáculo de lingua, contos e música co título O chineiro da tía María da man de Xandobela, que actuarán a partir das 18.00 horas na Casa do Peso.

Aínda que a xente grande se farte de escoitar os nosos “e por que isto…? E por que isto outro…?”, é de intelixentes querer saber o porqué das cousas. Se á xente grande se lles acaba a paciencia e deixa de responder as nosas dúbidas, non hai máis que ir á casa da Tía María, á que nada lle preguntabas e todo che dicía. Na súa cociña ten un chineiro que nin que fose máxico! Sempre ten sabias respostas a calquera pregunta que lle poidas formular. Que é, que será, o que a Tía María fai por alí garda?.

Entrada de balde, previa inscrición na biblioteca de forma presencial ou telefónica chamando ao número 981 102 562.