Skip to main content
Axenda Caducada

A Asociación de Comerciantes de Sarria repartirá 200 euros polo Día do Pai

Por 10 Marzo, 2022Marzo 19th, 2022Sin comentarios

A Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria (ACES)- CCU desenrola dende hoxe xoves día 10 ata o día 19 de marzo, a campaña promocional con motivo do día do pai.

Todos os clientes dos establecementos asociados da vila de Sarria que realicen algunha compra durante estes días, cubrirán uns boletos cos seus datos e poderán gañar un dos cinco vales que se sortean (2 de 50 euros e 3 de 30 euros).

Co lema “¡Mercar para o pai no comercio asociado ten premio!” póñense en xogo case douscentos euros, esta iniciativa ten como finalidade premiar as persoas que merquen no comercio asociado.

Trátase da terceira campaña do Centro Comercial Urbano de Sarria neste ano, na que se procura dar valor ao comercio local da vila, dinamizando un comercio de calidade-proximidade-atención.

Esta iniciativa ten como obxectivo principal impulsar e facer promoción do comercio de proximidade nun momento moi complexo para as vendas; con precaución e seguindo todos os protocolos de seguridade fronte ao Covid-19. Os establecementos participantes pertencen na súa maioría ao sector da moda e calzado.