Skip to main content
Axenda Caducada

Friol celebrará o 9 de abril a VIII carreira popular

Por 12 Marzo, 2022Abril 9th, 2022Sin comentarios

O venres tivo lugar a presentación oficial na casa consistorial da octava edición da carreira popular, que retoma a súa celebración, despois do parón obrigado por culpa da situación sociosanitaria que todos coñecen. Será no mes de abril, como as últimas edicións.

A presentación estuvo presidida polo alcalde, José A. Santos,  a delegada de alcaldía, Mª Ángeles Buján, e Felipe Barata,  adestrador do Club de Atletismo Friol.

Esta nova edición da carreira popular en Friol terá lugar o sábado 9 de abril, con saída na Praza de España (diante do Concello). Haberá dúas categorías: a de menores que comezará ás 17:15 horas e seis distancias diferentes (100, 300, 400, 2100 e dúas de 1400 metros); e a absoluta con dez categorías que terá como hora de inicio ás 18:00 horas, cuxo recorrido será de cinco quilómetros. Saída da Praza de España, Avenida de Lugo, ao pasar a gasolineira, estrada dirección Ousá ata a rotonda, onde se tomará a circunvalación dirección Friol, rúa Santa Isabel ata enlazar coa Avenida de Lugo, á altura do colexio daráselle unha volta ao mesmo para entrar na meta.

A entrega de premios será sobre as 19:00 horas diante da casa consistorial.

Esta celebración deportiva xa é característica do Concello de Friol, pois debido ao éxito das anteriores edicións e ao aumento de público e participantes en cada nova edición, o Concello de Friol, continuará involucrándose tanto económica como organizativamente para poder  repetir cada ano probas deportivas de este tipo.

Esta nova edición da carreira popular súmase a outros acontecementos deportivos que o Concello de Friol organiza durante o transcurso de cada ano. O alcalde manifesta que “o Concello de Friol identifícase cada día máis co deporte, non hai máis que ver a gran participación que existe por parte do alumnado de Friol e a implicación das súas familias no Club de Atletismo Friol, ó que sen dúbida seguiremos axudando para que poida seguir medrando dentro das nosas posibilidades”. Ademais di: “Non podo esquecerme de agradecer a Felipe Barata a súa implicación en cada evento deportivo do Concello e coa mesma animalo a que continúe na mesma liña de traballo de carácter deportivo que ven exercendo durante estes últimos anos”.