Skip to main content
Axenda Caducada

Organizan en Outeiro de Rei un obradoiro de educación emocional e sexual

Por 14 Marzo, 2022Marzo 21st, 2022Sin comentarios

Dende o servizo de prevención de condutas adictivas da agrupación de concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade organízase un obradoiro en Outeiro de Rei dirixido a nais e pais para abordar a temática da educación emocional e sexual.

O obradoiro será impartido por persoal do Centro Quérote+ de Lugo. A actividade terá lugar o 21 de marzo, luns, de 17.00 a 18.30 na casa da cultura de Outeiro de Rei.

É preciso inscribirse enviando os datos ao mail: prevenciondrogas@rabade.org antes do 18 de marzo ou chamar ao teléfono 982 390 062.

Este obradoiro ten como obxectivo crear un espazo seguro para poder falar das dúbidas, preocupacións e dificultades da crianza sen sentimentos de culpa ou xuízos de valor; dotar de coñecementos básicos para a educación sexual e a construción de ferramentas que axuden na xestión diaria da educación dos fillos e fillas.