Skip to main content
Axenda Caducada

Erica Sánchez ofrecerá unha charla o venres 18 en Sarria

Por 16 Marzo, 2022Marzo 18th, 2022Sin comentarios

Con motivo da Xacorun, Erica Sánchez, autora do libro “Corro y soy mujer” e responsable do blogue do mesmo nome, ofrecerá unha charla o vindeiro venres, ás oito da tarde, na Casa da Cultura de Sarria.

A autora comezou a correr no 2012, o seu obxectivo era coidarse e sentirse ben consigo mesma, facer deporte e ser dona do seu tempo, adicarse un momento no que a súa única preocupación fora si mesma, por iso viu no running o deporte perfecto. Este permite adaptarse aos horarios e rutinas das persoas que o practican facilitando o seu adestramento e a implicación.

Na charla que terá lugar o vindeiro venres en Sarria, os asistentes poderán escoitar de primeira man como a superación das metas foi o incentivo de Erica Sánchez e unha forma de autocoidarse. Corro y soy mujer foi o nome que lle deu ao seu blog online no que compartía as súas experiencias cos lectores, estas materializáronse no libro que leva o mesmo nome.

XACORUN
A etapa entre Sarria e Portomarín converterase nunha proba deportiva o vindeiro 19 de marzo. Trátase dunha experiencia que achega o Camiño de Santiago aos atletas lucenses, que poderán desfrutar dunha contorna idílica.

A competición presentase en tres modalidades. Carreira individual de 11 km ou de 22 km ou carreira de relevos que se levará a cabo por parellas facendo os primeiros 11 km un e os 11 restantes o outro membro da parella.