Skip to main content
Axenda Caducada

A Asociación Cántigas e Frores de Lugo abre o prazo para o XXXIX Curso de Cultura Tradicional

Por 16 Marzo, 2022Abril 16th, 2022Sin comentarios

Aberto o prazo de matrícula para o XXXIX Curso de Cultura Tradicional que organiza a Asociación Cántigas e Frores. Este celebrarase os días 14, 15 e 16 de abril. Este ano contarán con Luís Prego para a especialidade de baile tradicional, Miguel Anxo Lòpez ‘Chino’ para percusión tradicional, Pedro Lamas para gaita galega e Ana Edreira para canto tradicional.

O prezo da matrícula é de 50 euros para os socios da asociación e de 60 euros para aqueles interesados que non forman parte da mesma. Os datos bancarios atópanse nas redes sociais do grupo.

As inscricións pódense enviar a cantigasefrores1948@gmail.com aportando nome e apelidos, DNI, enderezo e teléfono, así como unha copia do xustificante de pagamento. O prazo de inscrición rematará no momento en que se cubran as prazas de cada especialidade.

Para calquera información adicional pódese chamar ao teléfono 649421507.