Skip to main content
Axenda Caducada

A biblioteca de Viveiro celebra o luns o Día da Poesía con agasallos

Por 18 Marzo, 2022Marzo 21st, 2022Sin comentarios

O Concello de Viveiro súmase ás celebracións do Día da Poesía, que se conmemora o próximo luns 21 de marzo. Deste modo, a concellería de Cultura e a Biblioteca Municipal de Viveiro agasallarán a todos os usuarios/as da biblioteca cunha flor e un poema.

Ademais, na biblioteca realizarase unha selección de poemarios dirixidos á mocidade e tamén aos adultos, para que aqueles lectores que desexen gozar da poesía poidan acceder a ela facilmente.

Todas as persoas que retiren un libro na biblioteca durante a xornada do luns recibirán o agasallo mencionado ata finalizar existencias. Dende o Concello de Viveiro búscase impulsar a poesía entre a cidadanía, para que gocen con ela todos os días e, especialmente, o próximo luns.