Skip to main content
Axenda Caducada

Historias de cine este xoves nas Pontes

Por 23 Marzo, 2022Marzo 24th, 2022Sin comentarios

Este xoves día 24, ás 18:00 horas, na Casa Dopeso a Bilbioteca Rivera Rouco das Pontes presenta o espectáculo Cinema de Historias, da man de Alice Guy.

Este espectáculo, que mestura a narración co teatro e o cinema, pretende divertir e espertar nas nenas e nos nenos o amor polo cine, descubrirlles o poder que teñen as imaxes e o cinema para transmitir historias.

Será Alice Guy, a nai do cinema, a que esperte a súa curiosidade pola orixe da sétima arte. Alice, desde ben pequena, escoitou contos da súa avoa que acordaron nela o amor polos libros. Co paso do tempo chegou a ser unha gran contadora de historias que logo levaría á gran pantalla.

A entrada será de balde, previa inscrición na biblioteca de forma presencial ou telefónica chamando ao número 981 102 562.