Skip to main content
Axenda Caducada

A asociación Olvido de Pol celebra o sábado o tradicional cocido

Por 23 Marzo, 2022Marzo 26th, 2022Sin comentarios

A Asociación Mulleres Rurais Olvido de Pol organiza para este sábado, 26 de marzo, unha comida con cocido no restaurante A Saleta de Mosteiro.

Esta xuntanza recupérase tras un ano de parón debido á pandemia xa que se trata dunha celebración tradicional do colectivo de Pol.

O xantar dará comezo ás 14.00 horas e ademais de cocido haberá postre e bebida. Ten un custe de 20 euros para socias e 25 para os non socios.

Para apuntarse haberá que chamar ao 633 378 590, a Mercedes presidenta da asociación ao 666 230 570 ou Rosa 616 129 825.