Skip to main content
Axenda Caducada

Fol do Raxal actúa este domingo en Cervo

Por 24 Marzo, 2022Marzo 27th, 2022Sin comentarios

Este domingo, 27 de marzo, dentro do ciclo de concertos  A Caixa de Música, actuará o grupo de música tradicional Fol do Raxal. A actuación será ás 13:30 horas na Praza dos Campos.

O Concello de Cervo, a través da delegación de Cultura, puxo en marcha en outubro o programa A Caixa de música, un ciclo de concertos de música clásica e de bandas que ten lugar en diferentes puntos do Concello.

A Caixa de música pretende ser un programa dirixido a toda a familia polo que os concertos serán en fins de semana ou festivos á hora do mediodía.

Segundo a Concelleira de Cultura Dolores García Caramés “é un xeito de complementar o diverso abano de oferta musical que durante todo o ano levamos a cabo no noso Concello e deste xeito tamén achegamos á nosa veciñanza estilos de música para todos os gustos”.