Skip to main content
Axenda Caducada

O Espazo Xove de Vilalba celebra o 8 de abril a Feira da Primavera

Por 27 Marzo, 2022Abril 8th, 2022Sin comentarios

O venres 8 de abril terá lugar a segunda edición da Feira da Primavera no Espazo Xove de Vilalba, que contará cunha chea de actividades gratuítas abertas a todo o público.

A xornada abrirase co obradoiro Graffiti: técnica e aplicación práctica impartido por Vella Escola, de 10:00 a 13:3o horas, (en colaboración co IES Lois Peña Novo).

A continuación, de 16:30 a 19:30 horas terá lugar o obradoiro de Animación Musical: Rap, Hip Hop, Break que  imparte Puzzle Animación.

A partir das 16:30 horas darán comezo os torneos de futbolín e billar, que teñen as inscricións abertas ata o 6 de abril e que terá trofeos para os semifinalistas.

E tamén ao longo da tarde celebrarase o Torneo de Xadrez coa disputa de partidas simultáneas cun mestre de xadrez do Club de Xadrez Recatelo.+

Finalizarán a xornada ás 19:00 horas, cun obradoiro culinario co título Cociña en 10 minutos, impartido polo cociñeiro do Parador de Vilalba.