Skip to main content
Axenda Caducada

Muimenta terá mañá a terceira Festa da Xuventude

Por 25 Marzo, 2022Marzo 26th, 2022Sin comentarios

Muimenta acolle este sábado, 26 de marzo, a terceira edición da Festa da Xuventude, que se desenvolverá a partir das 14.00 horas.

Haberá un xantar e unha cea con comida servida polo restaurante Anllo. A sesion vermú estará ao cargo da orquestra Stereo, a mesma que amenizará a verbena, a partir das 23.00 horas xunto a David Expósito DJ de Radio Líder.

Tanto a cea como ao xentar teñen un prezo de 25 euros e haberá que reservar previamente no teléfono 982 528 069.