Skip to main content
Axenda Caducada

O Esmorga Fest fai públicos os seus horarios

Por 26 Marzo, 2022Abril 2nd, 2022Sin comentarios

O Esmorga Fest é un festival que se celebrará en Sarria os días 1 e 2 de abril. No ano 2020 a cita cancelouse tan só un día antes da súa celebración e, o ano pasado, tivo lugar o 24 de xullo sendo un evento totalmente gratuíto. Nesta cita os veciños puideron desfrutar das actuacións de Niña Coyote eta Chico Tornado, Holywater, Depresión Sonora e Monteperdido.

Un aniversario fora de control foi o inicio do Esmorga Fest. Tras varios anos celebrándoo programando concertos de bandas como Holywater, Disco As Palmeiras, Maryland, Unicornibot… e as inquedanzas dos organizadores fai que den o salto e decidan crear o festival que coñecemos hoxe en día.

HORARIOS
O venres día 1 abriranse as portas ás 20.00 horas, comezará actuando media hora máis tarde Juanita Dinamita, ás 21:30 seguirao Le Temps du Loup, ás 22.30 horas Boneflower, ás 23.30 Pinpilipussies, ás 00.35 Dharmacide, ás 1.35 La Paloma, Rayotaser tocará ás 2.40 e por último, pechará a noite John Axiom ás 3.30 horas.

O sábado 2 no escenario La Unión tocará Slífero (Opus 4) ás 13.00 horas, seguido de Don Gonzalo ás 14.00 horas, El Chico López ás 15.30 horas, Marta Knight ás 16.30, Shego ás 17,40 e Vulk ás 18.50.

Por outra banda, os concertos no escenario Estrella Galicia abrirá ás portas ás 20.00 e comezará Apartamentos Acapulco co seu concerto ás 20.30 horas, seguido de El Columpio Asesino ás 21.40. Ata as 23.10 non actuará The Haunted Youth. Unha hora despois será a quenda de Cala Vento, ás 1.20 horas tocará La Élite, ás 2.15 Le Boom e a actuación de Pálida será a última desta edición do Esmorga Fest.