Skip to main content
Axenda Caducada

A asociación de Cabreiros organiza catro rutas pola provincia

Por 31 Marzo, 2022Maio 8th, 2022Sin comentarios

A asociación de veciños de Cabreiros organizou durante os meses de abril e maio varias rutas de sendeirismo, que terán lugar os domingos comezando o 3 de abril.

A primeira terá como destino Penas de Rodas, un percorrido de 13 quilómetros de dificultade baixa que pasa por Rábade e Outeiro de Rei. O roteiro sea do pobo da Feira subindo ata a ascensión ao miradoiro da Terra Chá.

A seguinte será o día 10 de abril pola Ruta do Rego da Meda, nas Pontes, que tamén conta con 13 quilómetros e de baixa dificultade polas fragas da Vaqueriza ata O Caneiro.

Continuarán os roteiros xa o 1 de maio pola Ruta da Cubela, en Ribas de Sil, un itinerario circular de 16 km que arranca en Augasmestas, on de o río Lor únese ao Sil. Alí visitarán o meandro da Cubela e a igrexa románica de Torbeo entre outras puntos desta zona do Courel.

O 8 de maio concluirá o ciclo coa ruta de Maeloc, en Bretoña, un trazado de reciente creación, que se prolonga 15 quilómetros con dificultade media. Subirán á Pena Gallada para observar a costa Cantábrica.

As persoas que desexen inscribirse nas rutas poden facelo chamando aos teléfonos 619 547 072 ou 686 104 780.