Skip to main content
Axenda Caducada

A casa da cultura de Begonte acollerá unha sesión informativa sobre o acollemento familiar

Por 31 Marzo, 2022Abril 4th, 2022Sin comentarios

O vindeiro luns 4 de abril a casa da cultura de Begonte acollerá unha sesión informativa sobre o programa de acollemento familiar tralo estalido do conflicto bélico ucraíno.

Esta charla será en horario de 17.00 a 19.00 horas e estará a cargo da Cruz Vermella e falaranse dos requisitos que se necesitan para ser familia acolledora, o que implica o acollemento familiar, as distintas fases do proceso para ser familia idónea de acollida e diferenzas entre acollemento e adopción.

Así mesmo tamén se responderán as dúbidas dos participantes sobre o acollemento de nenos pequenos e adolescentes.