Skip to main content
Axenda Caducada

Os Xoves na Biblio das Pontes volven mañá con Migallas Teatro

Por 30 Marzo, 2022Sin comentarios

A Biblioteca das Pontes continuará mañá, 31 de marzo, coa súa programación dedicada aos máis pequenos dentro do programa Xoves na Biblio.

Así, está prevista un espectáculo de Migallas Teatro co título Entre arrolos e contiños, que terá lugar a partir das 18.00 horas na Casa do Peso.

Trátase dunha actividade gratuíta para nenos a partir de 3 anos. Haberá que inscribirse previamente na biblioteca de forma presencial ou chamando ao 981 102 562.