Skip to main content
Axenda Caducada

O Pazo de San Marcos acolle unha exposición sobre o entroido de Val de Francos

Por 30 Marzo, 2022Abril 6th, 2022Sin comentarios

A Deputación de Lugo inaugurará este xoves ás 19:30 horas no Pazo de San Marcos unha exposición fotográfica que pon en valor o entroido de Val de Francos, en Castro de Rei, facendo un percorrido pola historia desta cita, que foi recuperada hai 30 anos nas parroquias que forman Val de Francos: Ansemar, Balmonte e Goberno. A mostra está promovida pola asociación cultural Os Valuros da localidade, co apoio e financiamento da institución provincial. 

A exposición contará con arredor de 300 fotografías que, durante unha semana –dende mañá e ata o 6 de abril- poderá ser visitada nos corredores da sede provincial.

O acto de inauguración complementarase coa conferencia Entroidos Galegos e Mascarada Europea, que ofrecerá Óscar J. González e na que realizará unha comparativa entre esta cita castrexa con entroidos da provincia, como o Oso de Salcedo, na Pobra do Brollón, ou o entroido Ribeirao, ademais doutras citas de Galicia e España.

O entroido do Val de Francos, organizado pola asociación cultural Os Valuros, foi estudado por González, etnógrafo e investigador especializado en Mascaradas europeas e autor do libro Mascaradas de la Península Ibérica.