Skip to main content
Axenda Caducada

Sarria presentou o Esmorga Fest que se celebra esta fin de semana

Por 31 Marzo, 2022Abril 2nd, 2022Sin comentarios

Efrén Castro participou esta tarde na presentación do Esmorga Fest, que se celebra o venres e o sábado en Sarria. O festival de música independente volve tras dous anos de parón forzado pola pandemia cun cartel formado por unha vintena de bandas, que levarán a música en directo á sala Litmar e á Unión.

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora na organización do festival, que “se converteu nun referente na programación de música independente no Estado apostando por bandas que logo despuntaron e demostrando que desde vilas pequenas coma Sarria tamén se pode estar na vangarda musical e cultural”, sinalou Efrén Castro no acto de presentación.

O deputado tamén valorou “a capacidade da organización do festival para involucrar a veciñanza na celebración do evento, poñendo en valor e dinamizando espazos como A Unión con propostas tan singulares como esa sesión vermú na que disfrutar da música en directo nun ambiente moi especial”, sinalou Efrén Castro no acto de presentación.

PROGRAMACIÓN

O venres 1 de abril no Litmar actuarán La Paloma, Dharmacide, Pinpilinpussies, Boneflower, Le Temps du Loup, Rayotaser, Juanita Dinamita e John Axiom. A apertura de portas será ás 20.00 horas.

O Sábado 2 de abril no local social da Unión actuarán Shego, Marta Knight, Vulk, El Chico López, Salífero (opus 4) e Don Gonzalo. A partir das 13.00 horas.

No Litmar actuarán El Columpio Asesino, Le Boom, Cala Vento, The Haunted Youth,
Apartamentos Acapulco, La élite e Pálida. Apertura de portas ás 20.00 horas.

As entradas poden adquirirse na web esmorgafest.com e en dous locais da vila, Adarve e Xarope, a 35 euros, ou na taquilla, a 40 euros, os días do festival.