Skip to main content
Cervantes

Últimas 3 prazas para o curso de pan de centeo en Piornedo

Por 17 Marzo, 2022Xuño 21st, 2023Sin comentarios

A Reserva da Biosfera de Ancares, organiza un obradoiro para aprender a elaborar pan caseiro con fariña de centeo. A cita será o vindeiro día 19 de marzo farase o pan na Escola de Piornedo. Tan so quedan tres prazas e aínda se pode realizar a reserva a través dos teléfonos do GDR 982355290 / 659275743.

Esta actividade terá lugar de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00. Está dirixida a adultos.

O curso de repostería e pan será impartido por Lento Coop. Unha panadaría e pastelería do municipio de Negueira de Muñiz que se dedica á elaboración e venda de produtos de panadería e repostería ecolóxica.

O pan de centeo ten unha cor máis escura, a súa textura é esponxosa e cun sabor un máis amargo que o pan branco de trigo común, o pan de centeo é unha boa opción nutricional, recomendado pola OMS.

Este alimento é rico en hidratos de carbono complexos, fibra, baixo aporte en graxa e elevado contido de calorías.