Skip to main content
Baralla

O Concello de Baralla pon en marcha unha campaña solidaria co pobo ucraíno

Por 15 Marzo, 2022Marzo 16th, 2022Sin comentarios

O Concello de Baralla quere aportar o seu grao de area trala invasión rusa en Ucrania que está a provocar unha grande crise humanitaria onde miles de persoas se están vendo obrigadas a fuxir dos seus fogares cara lugares máis seguros. Esta situación que afecta principalmente a mulleres, fillos e anciáns xa que os homes de entre 18 a 60 anos poden ser chamados a filas.

Na actualidade búscase dar resposta as necesidades máis urxentes proporcionando á poboación os produtos de primeira necesidade xa que escasean menciñas, alimentos e roupa de abrigo.

Dende o Concello organizan unha campaña solidaria dirixida ao pobo ucraíno que consiste na cesión de vivendas de titularidade municipal para que no caso de necesidade acollan a familias de refuxiados. Da mesma maneira, as persoas que a título individual desexan ceder algún piso ou teñan algunha vivenda dispoñible para acoller aos refuxiados poden inscribirse acudindo aos Servizos Sociais municipais ou no correo electrónico servizossociaisbaralla@concellobaralla.es

Ademais, o Centro Sociocultural e Xuvenil estará recollendo produtos de primeira necesidade como material de primeiros auxilios e sanitarios, alimentos non perecedoiros, conservas, galletas, roupa de abrigo, mantas, sacos de durmir, cueiros, leite infantil en polvo, medicamentos, pilas, lanternas, etc.

O punto de recollida estará aberto en horario de 17.00 a 22.00 horas de luns a sábado.

A solidariedade entregaranse de forma directa aos desprazados nos lugares de acollida e á embaixada de Ucraína en España a través das Asociacións humanitarias.