Skip to main content
CervantesChantadaO IncioO Saviñao

23 Voluntarios de Protección Civil realizan un curso de formación no Incio

Por 31 Marzo, 2022Abril 1st, 2022Sin comentarios

Persoal de Protección Civil iniciou onte no Incio un curso de formación básica no que participan 23 voluntarios de novo ingreso procedentes deste municipio e de Chantada, O Saviñao, Sarria e Cervantes.

Este curso é o primeiro dos sete previstos este semestre na provincia, con 171 prazas para formar a membros das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC).

O curso do Incio impártese ata o 3 de abril no edificio multiusos e ten por obxecto ofrecer ao novo persoal a formación básica necesaria para o exercicio das funcións propias destes equipos de emerxencias.

Inclúe contidos relacionados cos riscos, os accidentes e a autoprotección; a loita contra os incendios; as comunicacións e as actuacións básicas ante emerxencias médicas, así como un módulo sobre igualdade de oportunidades.

A Academia Galega de Seguridade Pública oferta ademais catro cursos de Desfibrilación Semiautomática Externa (DESA), no Incio o vindeiro día 9 de abril.