Skip to main content
A Fonsagrada

O 2º Concurso de decoración de Nadal de Fachadas e Xardíns na Fonsagrada xa ten gañadores

Por 4 Marzo, 2022Sin comentarios

O Concello da Fonsagrada convocou nas datas de Nadal un concurso co fin de ambientar as rúas e pobos do municipio. O 2º Concurso de decoración de Nadal de Fachadas e Xardíns tiña por obxecto promover a participación cidadá do Concello, premiando a decoración que proporcionara un mellor ambiente festivo, de forma que fosen atractivos para veciños, veciñas e visitantes.

A temática a desenvolver na decoración era exclusivamente relativa ás Festas de Nadal. Os e as tiñan plena liberdade en canto á técnica e estilo de decoración das súas fachadas e xardíns, sempre que a decoración e iluminación non supuxera un perigo para os viandantes.

Podían participar no concurso todos os veciños e as veciñas censadas no Concello da Fonsagrada. Cada unidade de convivencia podía presentar unha única fotografía coa decoración de Nadal da fachada, balcón, fiestras e/ou xardín exterior da súa vivenda habitual.

Os premios outorgáronse ás tres primeiras fotografías que a día 7 de xaneiro de 2022 ás 12.00 horas tiveran máis “Gústame”.

Desta forma, o primeiro premio foi para Avelino Pérez da Casa do Souto en Vilafrime premiado con 150 euros, o segundo posto levouno Ángel Valdés co Hórreo de Casa Valdés en Naraxa que foi galardoado con 100 euros e o terceiro premio de 50 euros foi para Pepe Álvarez da Casa de Pepe de Penafonte en Paradanova.