Skip to main content
A Fonsagrada

Enviado o informe de viabilidade para o futuro polígono da Fonsagrada

Por 10 Marzo, 2022Sin comentarios

A Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, enviou ao Concello da Fonsagrada o informe de viabilidade da conexión ao futuro polígono industrial, en concreto da glorieta que dará acceso ao parque empresarial.

A AXI elaborou e enviou este informe, no que se especifican as condicións técnicas que deberá cumprir o proxecto, antes de esgotar o mes de prazo establecido polo Regulamento de Estradas de Galicia.

Este informe de viabilidade establece os datos técnicos relativos a aspectos como o diámetro, pendentes, ángulos de entrada e saída e trazado, entre outros, para que o proxecto se axuste a estes criterios e a autorización se poida conceder o máis pronto posible, evitando dilacións no tempo e ter que repetir o documento técnico. Unha vez remitido, o informe ten unha validez dun ano, polo que o Concello debería axustarse a ese prazo para solicitar a autorización da obra e adxuntar o proxecto técnico baseado nas directrices marcadas polo informe de viabilidade da AXI.