Skip to main content
Lugo

Reportaxe: As mulleres con dicapacidade, as cebolas da sociedade

Por 6 Marzo, 2022Marzo 7th, 2022Sin comentarios

A luguesa Fernanda Arrojo presenta o 8 de marzo na Casa Clara Campoamor este estudo, gañador dunha bolsa de investigación da Asociación Roosevelt.

A pandemia foi un dos momentos máis creativos da sociedade, o confinamento serviu para dotar de tempo a moitas persoas que carecían do mesmo. Este, foi o momento no que María Fernanda Arrojo Novoa dedicouse a realizar un estudo sobre a muller e a discapacidade gañador da XVIII Beca de investigación que convoca a Asociación Roosevelt de Cuenca.

Co título Interseccionalidad de género y discapacidad física: Las capas de una cebolla, presenta o seu libro este 8 de marzo na Casa Clara Campoamor, ás 18.00 horas.

María Fernanda Arrojo Novoa naceu en Lugo en 1966, debido a problemas durante o parto, sufre unha parálise cerebral infantil que lle deixa secuelas en brazos e pernas, reducindo a súa mobilidade e afectando a súa fala.

Malia a todo isto, con moito apoio familiar, sobre todo da súa nai, ten unha escolarización normalizada e acada a Diplomatura de Traballo Social. A súa experiencia laboral discorre durante 32 anos como persoal laboral fixo adscrito á Secretaria Xeral de Institucións Penitenciarias do Ministerios de Interior onde acada a Medalla de Bronce ao mérito penitenciario.

Exerce activismo no movemento asociativo dentro do ámbito da discapacidade. Así, dende o ano 1995 ata o 2018 ocupou diferentes cargos na directiva da Delegación de Auxilia en Lugo e, actualmente é Presidenta de ASPACE Lugo.

Ao longo do tempo, ela, como muller e discapacitada coñece de preto as discriminacións que sofren estas persoas, aínda que se considera unha gran afortunada e privilexiada por poder ter estudado e traballado, non como outras moitas mulleres que estiveron limitadas nestes campo.

Encargouse de materializar os seus coñecementos e experiencias no traballo final titulado “Interseccionalidade de xénero e discapacidade física: As capas dunha cebola”. Este, conta con dúas partes principais, unha teórica na que se explican os conceptos teóricos, e, unha investigación cualitativa na que se entrevistaron a 26 mulleres do ámbito nacional.

Para comprender o tema estudado é necesario coñecer o concepto de interseccionalidade que ven da loita contra o racismo que sufriron as persoas de cor en Estados Unidos. É un concepto que despois se utilizou para moitos outros fenómenos sociais e tamén dentro do feminismo para explicar a situación das mulleres que teñen características especiais cando as circunstancias sociais conflúen multiplicando os efectos dunha circunstancia discriminatoria.

Trala realización das entrevistas, María Fernanda chegou a tres conclusións básicas.

Tres conclusións básicas.

A primeira gran conclusión á que se chega trala realización das entrevistas é que canto maior sexa o grado de discapacidade, maior é a percepción da discriminación. As mulleres que manifestaron algunha percepción de discriminación por motivos de discapacidade, a maioría ten unha porcentaxe de discapacidade superior ao 65%. Unha persoa que precisa unha cadeira de rodas para desprazarse terá maior percepción da discriminación que sofre xa que necesita axuda para poder superar un chanzo. Se non se precisa dunha cadeira de rodas o chanzo non é unha barreira e, polo tanto, a vivencia fronte a este elemento é diferente. Aínda que se saiba que ese chanzo é unha barreira se non se precisa axuda para superalo a percepción é distinta.

A segunda conclusión é que moitas das entrevistadas presentan dificultades para identificar ter sido obxecto dalgún tipo de discriminación de xénero. Moitas delas mostran conformismo e naturalidade ante accións que realmente son discriminatorias. O problema é que se non se ten información ou coñecemento previo sobre discriminación e desigualdade por xénero e, polo tanto, non se percibe como tal. Un dos exemplos máis habituais é a normalización de que as mulleres con discapacidade non recoñecen que son mulleres con dereito a ter unha sexualidade normalizada, non teñen por que presumir, coidarse ou ser femininas. Os zapatos ortopédicos non se deseñan para que sexan bonitos ou se poida presumir con eles, normalizouse que as persoas en cadeira de rodas teñan que ir con roupa cómoda e chama a atención que unha muller vaia en saia ou vestido. Esta experiencia sociocultural obtida que hai que ter para detectar estas situacións pode vir a través do contorno ou dos coñecementos adquiridos a raíz de vivir experiencias discriminatorias.

A segunda conclusión é que moitas das entrevistadas presentan dificultades para identificar ter sido obxecto dalgún tipo de discriminación de xénero. Moitas delas mostran conformismo e naturalidade ante accións que realmente son discriminatorias. O problema é que se non se ten información ou coñecemento previo sobre discriminación e desigualdade por xénero e, polo tanto, non se percibe como tal. Un dos exemplos máis habituais é a normalización de que as mulleres con discapacidade non recoñecen que son mulleres con dereito a ter unha sexualidade normalizada, non teñen por que presumir, coidarse ou ser femininas. Os zapatos ortopédicos non se deseñan para que sexan bonitos ou se poida presumir con eles, normalizouse que as persoas en cadeira de rodas teñan que ir con roupa cómoda e chama a atención que unha muller vaia en saia ou vestido. Esta experiencia sociocultural obtida que hai que ter para detectar estas situacións pode vir a través do contorno ou dos coñecementos adquiridos a raíz de vivir experiencias discriminatorias.

A terceira e última conclusión é que hai casos nos que conflúen situacións discriminatorias que se solapan e anulan as liberdades e dereitos tanto como muller como persoa. Destaca a experiencia de vida dunha das entrevistadas que naceu con parálise cerebral e foi rechazada pola súa nai provocando que fose criada polos seus avós nun medio rural afastada da súa familia e dun entorno educativo acadando un nivel moi básico de formación.

OS DATOS AVALAN ESTAS CONCLUSIÓNS.

O 30% das entrevistadas viron minguadas as súas posibilidades de educación e formación debido á existencia de barreiras arquitectónicas, urbanísticas, de transporte e de comunicación. Esta formación básica tradúcese en maior dificultade para a introdución das mulleres con discapacidade no mercado laboral.

Tan só o 23% das mulleres entrevistadas traballan activamente. Os prexuízos sociais xunto coas barreiras intrínsecas auto-limitan a inserción laboral das implicadas. As que traballan son aquelas que realizan labores nunha administración pública por reserva de praza, porque forman parte dunha empresa de inclusión social como a ONCE ou traballan nunha empresa familiar facendo traballos administrativos ou de “pouca categoría profesional”. Nestas mulleres, unha excelente formación estará ligada sempre a súa condición e será moi complicado que chegue a postos de poder que permitan unha vida autónoma.

O proceso de socialización, exercido por axentes sociais como a familia (por sobre-protección ou rexeitamento, barreiras ambientais) non permitiu, en certa medida, que o 46% das 26 participantes se formase para formar parte integrante da sociedade. Isto dáse dende a infancia, xa que dende nenas é complicado que compartan e convivan con persoas da mesma idade, cun grupo de iguais, arrastrando esta carencia o resto das súas vidas.

O estereotipos de xénero é dicir como se debe comportar unha muller ou un home segundo o seu xénero é unha concepción social que consta desde sempre dentro dun sistema patriarcal e preme dalgún xeito para que o 61% das persoas entrevistadas vexan deteriorada o seu proxecto de vida. Se non se poden ter fillos, se non pode ser nai está a ser “menos muller” exercendo unha presión sobre a súa etapa vital.

Ademais, o 19% das entrevistadas foron vítimas dalgún tipo de violencia de xénero.

Unha muller institucionalizada pode chegar a sentirse despersonalizada ao ser excluída en moitas ocasións pola súa situación de dependencia. Moitas veces o seu asistente fai as labores de coidado sen interactuar, limitando as súas accións e actuando como autómatas. Por iso, resulta de gran importancia buscar outro tipo de prestacións sociais.

DEREITO A LEVAR UNHA VIDA AUTÓNOMA E INDEPENDENTE.

Unha persoa con discapacidade é unha persoa con capacidades para facer calquera cousa pero de maneira diferente, e, polo tanto, ten dereito a levar unha vida autónoma e independente. Esto ven contemplado na Lei de persoas discapacitadas da ONU do ano 2008 que España aínda está a desenvolver.

Na Constitución de 1978 pódese ler a palabra disminuido. Estando pendente a reforma do artigo para cambiar a palabra disminuido por persoa con discapacidade. Aí se vería reflectido o dereito a ser persoa.

Analizando o título, a autora utilizou o símil da cebola xa que esta verdura está formada por capas. Cada capa da cebola superponse á anterior e vai cubrindo ao núcleo que é a persoa. Isto vai minguando o dereito de liberdade da persoa, coartando o desenrolo da súa vida con normalidade. As capas encárganse de cubrir, solapar o núcleo da cebola. Esas capas son as circunstancias, as barreiras e os límites que se lles poñen ás persoas, complicándolles máis a vida. De aí o concepto de interseccionalidade.

Despois desta análise, a autora fala de tres liñas de solución que facilitaría a vida das mulleres con discapacidade.

A primeira e unha das máis importante, a visualización da problemática. Se a xente non é consciente da realidade destas persoas non se poderá actuar ao respecto. Por iso, adicará a beca gañada con esta investigación para a súa publicación e divulgación a través da editorial Alejandro Robledillo. A obra será presentada na Casa Clara Campoamor o vindeiro 8 de marzo, coincidindo co día da muller.

Outra maneira de solucionar é empoderar ás mulleres. Hai que darlles poder para que elas se sintan con posibilidades de saír desta situación, é dicir, capacitalas e que se crean con posibilidades. Isto pasa traballando nas familias, nas escolas e na sociedade. Avogando tamén nos coidados, de maneira habitual, o coidado sempre recae na figura da muller e, hai que insistir en que os coidados dunha persoa dependente deben ser repartidos sendo responsabilidade do conxunto da sociedade.

E a terceira vía sería a sororidade, a irmandade entre as mulleres para axudarse entre elas mesmas, promovendo o apoio dunhas as outras.