Skip to main content
Lugo

Máis de 1.500 prazas para os cursos de natación de Frigsa e As Pedreiras

Por 1 Marzo, 2022Marzo 2nd, 2022Sin comentarios

As piscinas municipais de Frigsa e As Pedreiras en Lugo ofertan máis de 1500 prazas para a veciñanza de todas as idades que estean interesados nos cursos de natación.

Este ano, o obxectivo é duplicar neste trimestre as quendas e a oferta para os nosos maiores de máis de 65 anos tras a demanda no primeiro trimestre do ano.

O prazo de inscrición para todos os colectivos estará aberto ata o vindeiro venres, 4 de marzo, en ambas as dúas piscinas. Unha vez pechada a inscrición, publicarase a lista de admitidos o día 14.

Posteriormente ábrese o prazo de matriculación, do 14 ao 18 de marzo os rapaces e rapazas nados entre o 2007 e o 2018 e adultos nados antes do 2006, e, do 14 ao 16 de marzo para maiores de 65 anos.

Os días 21,22 e 23 de marzo será o período de matriculación para os lucenses que quedaran en lista de espera en Frigsa e As Pedreiras, e o 22 e o 23, será a matrícula para cubrir as prazas libres.

Todos os trámites de matriculación deberán facerse nas dependencias administrativas da piscina de Frigsa.

Os prezos non varían con respecto ao pasado ano, sendo o prezo de dous días semanais para adultos de 22,90 euros. Os máis cativos terán que abonar 18,40 euros para os cursos de dous días semanais.

Os interesados teñen toda a información necesaria na páxina do Concello www.concellodelugo.gal.