Skip to main content
Lugo

Manu Chao dará dous concertos na cidade este mes

Por 2 Marzo, 2022Xuño 21st, 2023Sin comentarios

Manu Chao actuará en Lugo o vindeiro 13 de marzo. As case 900 entradas que saíron á venta a pasada semana esgotáronse en poucas horas, obrigando ao artista a sacar unha segunda data de concerto e así poder ofrecer a súa actuación a máis lucenses que non chegaron a tempo na adquisición de boletos.

Esta segunda data será tan só dous días despois, o 15 de marzo. Ámbolos dous concertos terán lugar na Sala Tebras e será en acústico. O artista con raíces vilalbesas, que levaba 14 anos sen pisar un escenario lugués, volverá pola porta grande con dúas datas e cun prezo por entrada de 20,62 euros.

No seu concerto estará acompañado de Lucky Luciano na guitarra e Miguel Rumbao na percusión. O seu repertorio está composto por temas novos e temas clásicos.

MANU CHAO
Chao comezou a súa carreira musical en París, como músico rueiro e tocando en grupos como Hot Pants e Os Carayos, que combinaban unha variedade de linguaxes e estilos musicais. Con amigos e o seu irmán Antoine Chao, fundou a banda Mano Negra en 1987, logrando un éxito considerable, sobre todo en Europa e América Latina. Converteuse en solista despois da súa disolución en 1995, e desde entón estivo de xira regularmente coa súa banda en vivo, Radio Bemba. Decidiu asentarse en Barcelona.