Skip to main content
Lugo

Atopémonos Bailando reactiva a danza de Galicia en Lugo

Por 3 Marzo, 2022Sin comentarios

Atopémonos Bailando é o proxecto de reactivación do Colectivo Glovo en colaboración co Concello de Lugo e o apoio de Agadic no que se reuniron varios artistas emerxentes da danza de Galicia a través dun programa de residencia, formación, mediación e exhibición na cidade de Lugo.

Con Atopémonos Bailando estase a consolidar o apoio ao sector da danza facendo fincapé con este proxecto na primeira fase de investigación e creación de espectáculos, xunto cos outros proxectos da cidade como poden ser o Festival Cartografía en Movemento e o Ciclo LED Lugo En Danza.

O proxecto Atopémonos Bailando ten como obxectivos impulsar e apoiar a creación e investigación en danza e artes do movemento de compañías de ámbito galego, estatal e internacional creando un espazo para a realización de residencias de creación e investigación, con especial atención ás creadoras de Galicia, e difundir e achegar os procesos de creación en danza contemporánea á veciñanza a través dunha programación de calidade, diversa, innovadora, internacional e gratuíta.

A área de Cultura e o Colectivo Glovo abren o proceso para que os profesionais da danza e artes do movemento a presentar os seus proxectos para a realización dun máximo de 6 residencias artísticas ou de investigación para ser realizadas entre os meses de maio e outubro de 2022 en Lugo. As profesionais interesadas poden presentar as súas solicitudes entre o 4 de marzo e o 31 de marzo de 2022, para realizar as súas residencias entre o 1 de maio e o 30 de outubro nas instalacións do MIHL.

Toda a información pode atoparse na web do proxecto, http://www.atopemonosbailando.com/