Skip to main content
Lugo

O Concello de Lugo premiado como ‘Mellor entidade pública Galega’ pola súa xestión deportiva

Por 3 Marzo, 2022Sin comentarios

O Concello de Lugo recibirá en Vigo o premio que a Sociedade Galega de Xestores Deportivos (Agaxede) lle outorgou na categoría de “Mellor entidade pública galega’. Esta galardón entrégase a municipios de máis de 15.000 habitantes ou outras institucións públicas pola xestión de plans ou proxectos de actividades, espazos ou infraestruturas e calquera outro recurso que contribúa á mellora e desenvolvemento da deporte no ámbito territorial da súa competencia.

O galardón ven de recoñecer o traballo que desenvolveu o Concello lucense ao longo dos últimos anos, “unha labor inxente no relativo á promoción, desenvolvemento e difusión do Deporte como eixo vertebral do noso modelo de cidade. Impulsando a práctica do deporte como recreación, divertimento e complemento fundamental da formación integral durante todo o ano, tanto en períodos lectivos, como en fins de semana e épocas vacacionais”, incidiu Lara Méndez.

Lugo, pode presumir de ser a cidade galega que dispón de máis e mellores instalacións públicas para todo tipo de prácticas deportivas, o que é realmente importante para potenciar o deporte base.

Entre os méritos, o xurado valorou a ampliación da dotación de espazos deportivos ao longo do municipio, así como a promoción da práctica deportiva como un instrumento para a adquisición de valores tales como a solidariedade, a colaboración, o diálogo, a tolerancia, a non discriminación, a igualdade entre sexos, a deportividade e o xogo limpo, promovendo a implicación e a activa participación das familias para o desenvolvemento das diferentes actividades, a través das asociacións ou clubs.

Así mesmo, se tiveron en conta os programas deportivos con gran impronta na poboación, como o popular circuíto de carreiras populares ‘Corre con Nós’ que, desde hai máis de 20 anos, saca á rúa a grandes e pequenos levando o deporte popular polos barrios de Lugo; os proxectos de formación e sensibilización dunha vida saudable para a poboación e o apoio aos clubs deportivos da cidade, incrementando anualmente as axudas económicas que se achegan coas subvencións municipais, e o apoio aos talentos deportivos que xorden cada ano para que poidan compaxinar estudos e adestramento.

Todo este traballo, realizado ao longo destes anos, deu como resultado o de ser unha das cidades de España con maior presencia de equipos na máxima categoría deportiva nacional: o CB Breogán, presente en Liga ACB; o CD Lugo de Segunda División da liga Profesional; o Ensino competindo na máxima competición de baloncesto feminino nacional; o club EMEVE, presente na máxima categoría do Voleibol Nacional nas súas categorías masculina e feminina. Sen esquecer a deportistas de talla mundial como son Jorge Prado, Adiaratou Iglesias…

A Asociación Galega de Xestión Deportiva (AGAXEDE), entre as súas actividades, convoca anualmente os Premios Galicia á Xestión Deportiva para distinguir a persoas e entidades que destacan pola súa contribución ao desenvolvemento e excelencia da xestión deportiva do sector público e privado en Galicia.

Os galardóns serán entregados ás 20.00 horas do venres, 4 de marzo, na sede de AFUNDACION de Vigo, no transcurso dunha Gala organizada polo Concello de Vigo co apoio de AGAXEDE (Asociación Galega de Xestión Deportiva).