Skip to main content
Lugo

Aberto o prazo de inscrición para o programa Aprende Xogando

Por 4 Marzo, 2022Sin comentarios

A Concellería de Muller e Igualdade, mantén aberto até o domingo o prazo de inscrición do programa Aprende Xogando para o 3º trimestre do curso escolar, correspondente ás tardes dos meses de abril, maio e xuño e para as mañás das vacacións de Semana Santa (11, 12, 13 e 18 de abril).

Tanto as bases como a instancia poden descargarse a través da seguinte ligazón: http://concellodelugo.gal/gl/actuacions/programa-gl-aprende-xogando

Aprende Xogando é un programa orientado a favorecer a conciliación nos eidos laboral, familiar e persoal, beneficiando tanto ás e aos menores como á unidade de convivencia no seu conxunto, apoiando de xeito especial ás mulleres no seu proceso de participación sociolaboral.

Está dirixido a nenas e nenos empadroados no Concello de Lugo cunha idade comprendida entre os 3 e os 12 anos. As inscricións realizaranse de xeito telemático polos proxenitores dos menores, no e-mail aprendexogando@lugo.galsinalando nome, apelidos da/o menor e nome, apelidos e D.N.I. do/da proxenitor/a solicitante aportando anexo normalizado para a solicitude e a documentación requerida.

O programa levarase a cabo en horario de tarde, das 16.00 ás 20.30 horas e en período das vacacións escolares tamén con opción de maña, das 9.00 ás 14.00 horas nos centros de convivencia Uxío Novoneyra, Maruja Mallo e Milagrosa.