Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

Chegou o gran día do Breogán

Por 4 Marzo, 2022Sin comentarios

O equipo apéase da Copa do Rei en Granada ao caer ante o Real Madrid.

Por Adrián Fernández

Por fin chegou o día que estabamos agardando, o premio de disputala Copa do Rei e desfrutar da festa dos baloncesto español.

Pero antes, aínda tiñamos que xogar un partido máis importante na casa contra o Valencia Basket, despois de todo, o obxectivo segue sendo a permanencia. E semella que o equipo segue cos pés na terra porque afrontaron o encontro con moita intensidade sabedores da importancia que teñen os partidos no Pazo e máis despois de perder en Sevilla fronte ao Betis. Ao final, vitoria por 99-82 no que Musa volveu sobresaír demostrando que lle ten collida a medida a ese equipo, 64 puntos e 91 de valoración nos dous encontros xogados contra Valencia.

Agora si, todos xa centrados no seguinte desafío pois era un premio e unha festa pero había que competir, non debíamos esquecer que ninguén nos regalou nada e acadamos a clasificación por méritos propios, e aínda que xogásemos co Real Madrid teríamos as nosas opcións.

Chegou o esperado día, moitos breoganistas apoiando ao equipo, alí en Granada a afección tinguía de azul oscuro os arredores do pavillón xa cedo para recibilos xogadores, e en Lugo os bares cheos de reservas diante da pantalla, nais e pais, fillas e fillos, familias enteiras agardando polo partido, daba igual que fose xoves e ás 21.30 da noite, a ocasión merecíao.

Comezaba o encontro mal para os nosos, tal vez os nervios e gran defensa do Real Madrid sobre Musa fixo que colleran vantaxe no marcador, 27-16 no primeiro cuarto grazas a Yabusele no ataque e á defensa de Tavares, non cambiarían as cousas no segundo tempo, o plan do Madrid seguía a funcionar e mantería a diferenza arredor aos dez puntos toda a primeira parte, 41-31 no descanso. De volta na cancha o equipo non era quen de meterse no partido, só Mahalbasic atopaba aro con certa facilidade pero non lograbamos xogar ao noso e a marxe aumentaba ata os 15 puntos, pero a falta de dous minutos para o final do terceiro cuarto un parcial de 1-9 a favor, deixaba o electrónico en 57-50; isto é o que ten o Breogán este ano, amarrase ós partidos e non da nunca nada por perdido. Era xusto o que necesitaba o equipo e no mellor momento, o Real Madrid estaba atascado e nun encontro duro físicamente chegabamos ao minuto 36 só dous abaixo, por desgraza e pese a ter varias opcións para poñernos por diante non fomos quen de logralo e un par de decisións arbitrais dubidosas condenáronos á derrota 73-67. Non puido ser pero competiuse e se deixou unha boa imaxe, a dun equipo capaz de gañarlle a calquera que non se rinde nunca, algo que fai que a afección síntase orgullosa.

Aínda quedaba Copa e representación breoganista xa que Maximus tiña a súa participación, non só foi para animar ao público, con reconciliación incluída coa afección do UCAM Murcia, se non que gañou o concurso e trouxo a vitoria para Lugo no baile de mascotas, noraboa.

Rematada a Copa toca volver ao traballo e centrarse na Liga que é o que verdadeiramente importa, aproveitar o parón polas seleccións nacionais para recuperar folgos e preparar un mes de marzo duro con moitos encontros decisivos, eso si, terán que facelo sen Musa que vai con Bosnia, Bell-Haynes con Canadá e Sakho co Congo.

O seguinte obxectivo está preto que é a salvación matemática, se seguimos fortes na casa poderemos conseguilo máis cedo que tarde e por qué non pensar noutras metas máis grandes.