Skip to main content
Lugo

Andrés Pereiro foi recoñecido pola Deputación Provincial

Por 5 Marzo, 2022Marzo 6th, 2022Sin comentarios

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, recibiu este venres á promesa do tenis lucense Andrés Pereiro no seu despacho do Pazo de San Marcos. O deportista do club Tenis As Termas, de 14 anos e nado en Lugo, vén de acadar o campionato galego en categoría infantil individual e dobres. O título autonómico habilita a Pereiro para competir no Nacional, que se celebrará en Logroño no vindeiro mes de xullo e tamén acadou estes días pase para as semifinais do Rafa Nadal Tour.

“É un orgullo ver que hai futuro para os nenos e nenas que queren dedicarse ao deporte na nosa provincia”, dixo o presidente, que felicitou a Pereiro polos seus éxitos deportivos e desexoulle o mellor para as vindeiras competicións.

O apoio ao deporte é unha das liñas de traballo destacadas da Deputación de Lugo, explicou o presidente, “polos valores sociais tan importantes que promove, fundamentais para o progreso dunha sociedade, como son o esforzo, a constancia, a vontade de superación, o compañeirismo e o respecto aos demais”, pero tamén pola súa capacidade “para a promoción do territorio e do turismo”.