Skip to main content
Lugo

A Subdelegación do Goberno organiza unha ponencia polo día da muller

Por 5 Marzo, 2022Sin comentarios

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, destacou no día de onte que a igualdade constitúe un obxectivo prioritario na axenda do Goberno, como o demostran as distintas iniciativas políticas contra a discriminación postas en marcha polo Executivo, que sitúan a España na vangarda en igualdade de xénero. Así o manifestou logo de instalar, unha pancarta conmemorativa do Día Internacional da Muller, que se celebra o 8 de marzo, na fachada da Subdelegación do Goberno. No acto estivo acompañada pola xefa da Unidade contra a violencia sobre a muller, María Luisa Castro.

Isabel Rodríguez explicou que “son moitos os avances dados, pero aínda queda camiño por andar e o Goberno mantén a igualdade como un obxectivo irrenunciable, de xustiza, e segue a traballar en temas como a equiparación de dereitos e a superación da fenda de xénero”.

MULLER E EMPREGO

Rodríguez anunciou que, ademais do acto simbólico de instalación da pancarta do Día Internacional da Muller, a Subdelegación do Goberno organizará un acto con motivo do 8-M. Trátase dunha ponencia titulada “Muller e emprego: novo marco laboral e sistema de pensións” á que foron convidados os centros de información á muller e os servizos sociais de todos os concellos da provincia de Lugo.

O acto terá lugar o vindeiro mércores, día 9 de marzo e nel participaran a maxistrada xuiza do social Dalila Dopazo, o director provincial da Seguridade Social, Juan José Rodríguez Gude, e a inspectora de Traballo Olalla Ferreiro.