Skip to main content
Lugo

Aberto o prazo de matriculación nas escolas infantís municipais de Lugo

Por 8 Marzo, 2022Sin comentarios

Aberto o prazo de matriculación nas escolas infantís municipais. Dende o día de hoxe pódese realizar a solicitude para o vindeiro curso 2022-2023.

As familias interesadas poden presentar as súas solicitudes ata o vindeiro 4 de abril, a través da sede electrónica ou no rexistro presencial, solicitando cita previa a través do formulario habilitado na web do concello de Lugo, (http://concellodelugo.gal/gl/tramites/cita-previa).

A información do procedemento pode consultarse no BOP do 7 de marzo, no Taboleiro de Anuncios do Concello de Lugo, nas Escolas Infantís Municipais e nas oficinas da Concellería de Educación.