Skip to main content
Lugo

Amplíanse as actividades de lecer do programa +xTi para a xuventude lucense

Por 11 Marzo, 2022Marzo 12th, 2022Sin comentarios

Amplíanse as actividades de lecer que se levan a cabo na Casa da Xuventude no marco do programa ‘+xTi’ os sábados. Estas accións, dirixidas a mozas con idades comprendidas entre os 16 e 35 anos, se ofertan desde o servizo municipal de Prevención de Drogodependencias, e nelas colabora o Plan Nacional sobre Drogas.

As actividades que se ofrecen son de Defensa Persoal, Ximnasia Acrobática, Parkour e Danza Urbana, e terán lugar os sábados das 16.00 ás 21.00 horas, dende o 12 de marzo ata o 18 de xuño, mentres que na semana do 20 ao 26 de xuño a duración será das 10.00 ás 18.00 horas.

Esta é unha oportunidade para que a poboación máis nova do municipio ocupe o seu tempo de lecer aprendendo novas habilidades deportivas ou sociais, ao tempo que se relacionan con outros mozos e mozas da súa idade.

Estas alternativas súmanse á iniciación ao tenis de mesa, que se desenvolverá nos meses de marzo, abril e maio na casa da Xuventude, impartido pola asociación xuvenil milagrosa (CTM Milagrosa), e á formación en impresión e deseño en 3D, que se realizará todos os venres e sábados durante os meses de marzo, abril e maio, no Centro de Emprendimiento municipal (CEI-Nodus).

Tamén está en marcha o curso, de 15 prazas, en comunicación dixital efectiva en redes sociais, que se desenvolverá do 7 de marzo ao 27 de abril os luns, martes e mércores, en xornada de tarde, na Casa da Xuventude.

Para inscribirse ou ampliar información, pódese consultar a páxina www.lugomasxti.org .