Skip to main content
Lugo

O Breogán sorteará unha camiseta entre as persoas que colaboraron con ‘Minerais contra o cancro’

Por 12 Marzo, 2022Sin comentarios

No partido que terá lugar hoxe, 12 de marzo, entre o Río Breogán-Bilbao Basket sortearase unha camiseta asinada por todos os xogadores entre as persoas que fixeron doazóns para o programa de investigación “Minerais contra o Cancro” a través da plataforma de micromecenado Precipita.

O deputado de Deportes Efrén Castro, o responsábel da área social do Río Breogán Salva Arco e o profesor Víctor Pereira Lestayo, membro do equipo de investigación que impulsa o proxecto, presentaron a iniciativa no Pazo de San Marcos, nun acto no que coincidiron en sinalar a boa resposta da cidadanía ao micromecenado e en poñer en valor o traballo investigador que se desenvolve no Campus Terra e no Hula.

“Minerais contra o cancro” é un proxecto impulsado por un equipo multidisciplinar integrado por personal investigador das Facultades de Veterinaria e Ciencias do Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e Hula para analizar o papel dos minerais na incidencia de certos tumores e avaliar o seu uso como complemento en tratamentos de radioterapia e quimioterapia para mellorar a calidade de vida dos e das pacientes.