Skip to main content
Lugo

Os centros sociais de Lugo recuperan os bailes da terceira idade

Por 13 Marzo, 2022Marzo 14th, 2022Sin comentarios

Esta fin de semana anunciouse a recuperación dos bailes nos centros sociais logo do paréntese que a chegada da COVID -19 supuxo para este tipo de actividades.

O anuncio fíxoo, a alcaldesa lucense, Lara Méndez durante a visita que, acompañada da edil responsable de área, Olga López Racamonde, fixeron ao centro de convivencia Díaz Castro para compartir cos seus usuarios e usuarias as distintas actividades de animación sociocultural que se levan a cabo no mesmo. Concretamente mantiveron un encontro cos e coas participantes no curso sobre o uso de teléfonos móbiles.

Isto supón unha superación á crise sanitaria, que xa se ve máis próxima a tan ansiada normalidade, permitindo recuperar as xuntanzas e volver as rutinas que resultan tan importantes na terceira idade para evitar o illamento social do colectivo, logo de dous anos nos que os confinamentos e a obrigada prudencia incidiron directamente sobre a súa vulnerabilidade.

Os bailes – nos que se manterán medidas de seguridade, entre elas, o uso obrigatorio da máscara – se celebrarán, precisamente no centro Díaz Castro e no Maruja Mallo, en horario de 16.30 a 20.00 horas, todos os sábados e domingos. E se retomarán no da Milagrosa unha vez finalicen as obras de mellora que se están acometendo nas dependencias e que actualmente, debido a eses traballos, manteñen restrinxido o seu horario de apertura ás tardes de luns a venres (de 16.30 a 20.00 horas).

Este encontro aproveitouse tamén para anunciar que a maioría dos centros volverán abrir as fines de semana polas tardes.