Skip to main content
Lugo

Concello e pasarela Tanxurela tinguiranse de amarelo polo Día da endometriose

Por 14 Marzo, 2022Sin comentarios

O edificio do Concello, na Praza Maior, e a pasarela Tanxulera lucirán, na noite do luns ao martes, de cor amarela, a identificativa da propia patoloxía, para dar visibilización á endometriose.

Unha enfermidade que afecta ao 10% das mulleres en idade fértil, ao redor de 60.000 galegas, e sobre a que se pretende sensibilizar, coincidindo coa celebración do seu Día Mundial, o 14 de marzo.

Con este xesto, a Institución local pretende apoiar o traballo desenvolvido pola Asociación “QuerENDO. Mulleres con endometriose” impulsora da iniciativa, co obxectivo de concienciar á poboación sobre esta doenza.