Skip to main content
Lugo

A presentación do novo caderno ‘Ideas Impresas’ do BNG terá lugar no Vello Cárcere

Por 15 Marzo, 2022Sin comentarios

.A colección de cadernos Ideas Impresas editada pola Fundación Galiza Sempre achega un novo número que leva por título Vivas e Libres. Lexislación e violencia machista: Contribucións do nacionalismo galego.

A presentación do novo caderno editado pola fundación Galiza Sempre chega a Lugo nun acto que terá lugar no Vello Cárcere de Lugo o vindeiro venres 18 de marzo ás 19.30 horas. Esta presentación contará coas intervencións da autora, Carme Adán, que estará acompañada pola Concelleira de Cultura e Vicepresidenta da Deputación de Lugo Maite Ferreiro e Branca Rodríguez Pazos, activista no eido do feminismo.

A través deste novo caderno de formación e análise, a autora, a catedrática en filosofía e pensadora feminista, Carme Adán fai un pequeno percorrido polas contribucións do nacionalismo galego ás políticas públicas feministas de Galiza. Ao longo da obra pon o foco en todo aquilo que atinxe á violencia machista dende unha dimensión lexislativa.