Skip to main content
Lugo

Seguen avanzando os traballos na pasarela de San Roque

Por 16 Marzo, 2022Sin comentarios

O tenente alcalde e concelleiro de mobilidade e infraestruturas, Rubén Arroxo, visitou a pasarela de San Roque, onde está a piques de rematarse a cimentación da base. O tenente alcalde explicou que “continuamos a traballar na construción desta estrutura, que permitirá á veciñanza un mellor acceso ao Centro de Saúde de San Roque, cun percorrido practicamente plano que evitará a pronunciada pendente que se atopaban actualmente”.

Ata o de agora, avanzouse na construción da cimentación da pasarela, o que fixo preciso reorganizar certos servizos xa instalados na rúa. Unha vez se completen estes traballos, instalaranse os piares e despois a propia estrutura da pasarela. En total, o Goberno de Lugo inviste 220.013,95 euros na execución desta obra.

“Desde a nosa chegada ao Goberno Municipal tratamos de dar a mellor solución posíbel a esta solicitude que a veciñanza da zona levaba moito tempo realizando “, explicou Rubén Arroxo, que engadiu “desde a área de Mobilidade estudamos as distintas alternativas para darlle solución a este obstáculo, especialmente importante na unión do Centro de Saúde coa rúa Primavera e coa rúa Peña Anda”. A pasarela unha vez rematada terá un gálibo de máis de 4 metros, o que permitirá a circulación de vehículos pola súa parte inferior. A lonxitude total será de 34,68 metros.